CRTVG

Buscar

A Garda Civil ten previsto rematar en poucos días a investigación do caso Julen

Publicado o 29/01/2019 22:22

A Garda Civil ten previsto rematar en poucos días a investigación pola morte do pequeno Julen nun pozo de Totalán. Da investigación poderíase derivar un procedemento penal por homicidio imprudente e outro administrativo pola construcción dun pozo ilegal.

A investigación da Garda Civil céntrase en determinar a responsabilidade do dono da leira en que se construíu o pozo ilegal e das obras que se fixeron a carón del.

Todo indica que estas obras para construír unha casa puideron desprazar a pedra coa que o poceiro tapara o burato polo que caeu o pequeno Julen.

Disto poderíanse derivar dous procedementos, un penal por homicidio imprudente e outro adminitrativo pola construción dun pozo ilegal.

O director xeral da Garda Civil visitou hoxe aos axentes que participaron nos labores de rescate de Julen e mostrouse confiado en que a investigacion rematará pronto.

A investigación terá que aclarar tamén por que había un tapón de terra baixo o que apareceu o pequeno Julen a 71 metros, cando o pozo tiña máis de 110 de profundidade.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019