CRTVG

Buscar

A Garda Civil segue buscando o autor do acoitelamento mortal de Betanzos

Publicado o 01/01/2019 09:24

A Garda Civil segue buscando o autor de varias coiteladas que provocaron a morte dun home de 44 anos e de nacionalidade dominicana na madrugada do domingo en Betanzos. Escapou nun taxi e non se sabe onde está. 

Tanto a Garda Civil coma a Policía Local de Betanzos buscan pistas para dar co autor do crime que conmoveu a localidade nesta fin de semana, un colombiano coñecido no lugar que fuxíu tras asestar varias coiteladas á vítima, Maximino Ramírez, na rúa da Cañota betanceira, e a seguir fuxíu nun taxi.

O suceso aconteceu pasadas as dúas e media da mañá do domingo despois dunha forte discusión entrambos por unha presunta débeda. O agresor, que vive a poucos metros do lugar do crime, atacou á vítima cun coitelo ata lle provocar unha morte case inmediata con tres puñaladas.

Flores e candeas lembran hoxe ao asasinado no lugar no que ocurriron os feitos. Maximino Rodríguez, de orixe dominicana,alcumado Papito, era coñecido de tempo en Betanzos, onde chegara para pasar o Nadal coa súa familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2019