CRTVG

Buscar

A Garda Civil reparte as máis de 20.000 viseiras feitas por Coronavirus Makers Galicia

Publicado o 05/05/2020 14:20

A precaución segue a ser imprescindible. A desescalada ten que ser segura, e neste contexto a Garda Civil aliouse cunha plataforma de fabricantes de pantallas protectoras sen ánimo de lucro.

Os axentes das patrullas de Tráfico xa reparten as máis de 20.000 viseiras elaboradas por CoronavirusMakers Galicia nas últimas semanas. Onte entregaron lotes nos centros médicos de Brión e Cabana de Bergantiños.

Os voluntarios empregan impresoras 3D para elaborar as pantallas, que a Garda Civil se encarga de distribuír.

Noticias web

05/05/2020