CRTVG

Buscar

A busca de Laura Luelmo continuará durante toda a noite

Publicado o 16/12/2018 23:38

• A Garda Civil nega que exista un sospeitoso fuxido

A familia, de Villa Nueva del Puente, moitos amigos e veciños de Zamora participan na busca de Laura Luelmo. En total, a Garda Civil coordinou este domingo unhas 400 persoas e retomou a súa busca a primeiras horas da noite.

Algúns anónimos que participaron na busca din ás cámaras porque están alí, na busca. Unha veciña de Villa Nueva del Puente di que Teófilo, o mozo de Laura e os avós maternos da desaparecida son de alí e que están en Huelva para botar unha man e axudar a atopala. Outra rapaza di que ela está alí porque se pon no lugar da familia, na incerteza e na dor que están pasando.

Os condutores que colaboraron na busca en bicis, motos, karts e todoterreos explican como poden acceder a zonas onde non se chega a pé.

Despois de seis horas de rastrexo coa axuda de ciclistas, motoristas e condutores de todoterreos, a busca con voluntarios quedou supendida. Serán os grupos profesionais os que continuen buscando en zonas como os pantanos, pozos e barrancos. A Unidade Central Operativa seguirá traballando na intelixencia, tratando de debuxar as horas previas á desaparición. Aínda que medios nacionais e locais apuntan como sospeitoso a un veciño de El Campillo que saíra da caércere tras cumprir unha condena por asasinato, a Garda Civil négao

Ezequiel Romero, o comandante xefe da Garda Civil de Huelva, explica que a UCO seguirá investigando e recompilando rastros que os leven a dar con Laura.

Os investigadores saben que tiña unha vida persoal e sentimental estable e a fuxida voluntaria xa non é unha hipótese de traballo.






 

Noticias web

16/12/2018