CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga se unha menor foi drogada durante unha festa en Verín a fin de semana pasada.

Publicado o 14/08/2019 12:16

A Garda Civil investiga se unha rapaza menor de idade foi drogada durante unha festa en Verín a fin de semana pasada.
A moza, de dezaseis anos, chegou á casa sen lembrar nada do que acontecera e sentíndose mareada e con vómitos. A familia levouna a un centro de saúde e denunciou os feitos ante a Garda Civil. Sometérona a un recoñecemento médico e desbotouse inicialmente unha agresión sexual. Investigan agora se lle administraron algún tipo de substancia estupefaciente non apreciable nunha primeira análise, xa que non atoparon restos de marihuana, haxix ou cocaína, e se puido ser obxecto de abusos sexuais xa que sofre amnesia temporal.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019