CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga o destino dos roubos da banda desartellada en Ourense

Publicado o 29/09/2020 14:48

Este é o único material roubado que puido recuperar, polo momento, a Garda Civil: o que os ladróns levaban na furgoneta no momento da detención. O seu método consistía en introducir de inmediato o material roubado no mercado a través de talleres de Ourense e do norte de Portugal, algúns legais e outros aínda en investigación.

Sonia Salgado, voceira da Garda Civil de Ourense: "Eran un grupo perfectamente organizado. Utilizan coches lanzadeira e tiñan outros para transportar o material. Primeiro buscaban un obxectivo, fundamentalmente ferralla e ferramenta".

Hai dous anos xa lles dabamos conta deste saqueo que agora se lles imputa. Desvalixaron por completo o campo de fútbol do Nogueira de Ramuín.

Raúl Soto Martínez, presidente do Nogueira de Ramuín: "Chegamos un día ao campo de fútbol e non había nada, nin portas nin ventás, nin instalación de auga fría, quente, nin calefacción".

Polo momento hai 14 detidos, dos que 4 xa ingresaron en prisión. Impúntalles unha vintena de roubos con forza distribuídos polas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Zamora, e roubos con violencia en Verín, onde asaltaron 3 mulleres maiores para quitárenlles as xoias.

Sonia Salgado, voceira da Garda Civil de Ourense: "Aínda se segue traballando porque as xoias vendéronas en Portugal e estamos traballando con tendas de compravenda de ouro para poder localizalas".

Os detidos son todos de etnia xitana. Dous son menores de idade e o resto oscilan entre os 33 e os 42 anos.

Noticias web

29/09/2020