CRTVG

Buscar

A Garda Civil intensifica os controis de alcol e drogas a condutores

Publicado o 10/12/2019 12:06

Doce do mediodía, A-52, á altura de Riós. Amplo dispositivo da Garda Civil de Tráfico e a Garda Nacional Republicana de Portugal que lle dan o alto a ducias de vehículos para facerlle a proba de alcolemia.

Si deron positivo esta mañá tres persoas en drogas, que terán que pagar unha multa de 1.000 euros, a metade reducida, e seranlles retirados seis puntos do carné de conducir.

Este é só un dos controis que forma parte da campaña da Dirección Xeral de Tráfico que dende onte e ata o día 15 de decembro vixiará o consumo de alcol e drogas ao volante. Teñen previsto realizar uns 25 mil test en toda España.

Neste control hoxe tamén revisaban a velocidade, o estado das rodas e como non o uso do cinto.

Dende Tráfico lembran a necesidade de cumprir as normas de tráfico e apelan á responsabilidade e á antención ao volante.