CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén un home en Sada tras intentar fuxir dos axentes por mar

Publicado o 30/12/2019 14:32

Nun acceso ao porto de Sada é onde a agrupación de tráfico da Garda Civil e unha patrulla de seguridade cidadá do posto de Sada estaban realizando labores de vixilancia e control de condutores reincidentes por condución temeraria. De súpeto, viron nunha terraza da zona un mozo, veciño de Oleiros e de 27 anos, ao que xa coñecían doutras ocasións, e cando se dispuñan a ir cara a el, fuxiu.

No porto subiu a unha embarcación intentando fuxir dos axentes por mar. Os gardas rescatárono e levárono á base do porto, onde lle realizaron manobras de reanimación ata que chegou unha ambulancia.

Despois a ambulancia trasladouno ao CHUAC. Alí estivo custodiado por axentes da Garda Civil, xa que tiña unha orde de busca, detención e comparecencia. Unha vez dado de alta, foi entregado ao Xulgado de Instrución número 3 de Betanzos, que era o reclamante. Finalmente quedou en liberdade con cargos.

Noticias web

30/12/2019