CRTVG

Buscar

Deteñen catro persoas e desmantelan un laboratorio de drogas en Vilagarcía

Publicado o 28/09/2020 21:22

A operación dirixida polo xulgado número 1 de Vilagarcía deixa 4 detidos, veciños desta localidade. 3 deles xa ingresaron en prisión acusados dun presunto delito de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e tenza ilícita de armas.

A operación, que a Garda Civil alcumou Acetona Blanca, pemitiu ademais desmantelar un laboratorio de elaboración de drogas. O operativo conseguiu tamén intervir máis de 3 quilos de cocaína, abundante material para elaborala, armas de fogo e varios vehículos. A Garda Civil considera que os detidos formaban parte dun grupo criminal organizado dedicado ao tráfico de drogas na zona.

Noticias web

28/09/2020

Máis sobre Vilagarcía de Arousa