CRTVG

Buscar

A Garda Civil desmantela unha rede de tráfico de armas para o crime organizado

Publicado o 05/07/2020 10:34

Axentes da Garda Civíl interviñeron 60 armas de distinto calibre dunha rede de tráfico de armas para o crime organizado. A denominada operación Botxo permitiu seis entradas e rexistros en locais e vivendas de diferentes provincias españolas. Realizáronse seis detencións e hai outras tres persoas investigadas polos supostos delitos de tráfico de armas, depósito de municións e explosivos, tenza ilícita de armas ou falsificación de moeda, entre outros.

As investigacións comezaron o ano pasado despois de detectar tráfico de armas por parte dunha persoas desde Biscaia, que realizaba os envío por paquete postal.

 

Noticias web

05/07/2020