CRTVG

Buscar

A Garda Civil de Vimianzo detén nun control de estradas dous homes por tráfico de drogas

Publicado o 23/05/2020 12:03
A Garda Civil de Vimianzo detén nun control de estradas dous homes por tráfico de drogas

A Garda Civil do posto de Vimianzo puxo a disposición do xulgado de instrución número 2 de Corcubión dous homes que foron descubertos con catro quilogramos de haxix repartidos no interior do seu vehículo.

A operación Faros continúa aberta e trata de frear o aumento do movemento e tráfico e substancias estupefacientes nas diferentes vías de comunicación da Costa da Morte, usando as máscaras de protección para evitar a identificación dos posibles implicados.

Nun deses controis, no concello de Cee, procedeuse a dar o alto a un turismo con dous veciños da Coruña, cuxa actitude nerviosa e evasiva motivou a inspección municiosa do vehículo ata atopar os 4 quilos da droga, repartida en diferentes bolsas e que poderían ter un valor no mercado duns 15.000 euros.