CRTVG

Buscar

A Fundación San Rosendo pide perdón aos familiares das 102 vítimas

Publicado o 16/11/2020 20:37

• Defende a xestión realizada durante a pandemia

O presidente da Fundación San Rosendo reclamou no Parlamento cribados e protocolos máis áxiles nas residencias de maiores da nosa comunidade para intentar frear os contaxios. Tamén dixo que é necesario un novo modelo residencial baseado en unidades de convivencia e na coordinación entre este centros e os hospitais de referencia. José Luís Gavela fixo estas recomendacións tras lembrar os 102 maiores que faleceron nos centros de maiores da fundación durante a pandemia.

O presidente da Fundación San Rosendo dixo que durante a pandemia os traballadores dos seus centros residencias fixeron todo o posible por salvar a vida dos usuarios, trasladoulles ás familias que ningún ancián morreu só e pediulles perdón se non foron capaces de cumprir as expectativas que tiñan postas na fundación.

Tamén compareceu na comisión de reactivación o coordinador do equipo covid nas residencias da área sanitaria da Coruña. Fernando Lamelo defendeu a xestión dos xeriátricos e lembrou que non se pode culpabilizar o mundo residencial dos falecementos. Tamén avogou por un modelo intermedio de atención residencial dirixido aos grandes dependentes.

Noticias web

16/11/2020

Máis sobre actualidade