CRTVG

Buscar

A Fundación PazosCuchillo de Pazos acolle obra de Richard Hamilton e Dieter Roth

Publicado o 24/07/2020 21:36

Hai menos de dous anos que o que era unha casa en ruínas no lugar de Trasanquelos, en Oza-Cesuras, se converteu neste espazo para o diálogo entre artistas. Foi o desexo do tamén artista catalán , residente en París e Premio Nacional das Artes Plásticas 2004, Carlos Pazos. Hoxe e por primeira vez en Galicia, achéganos parte da obra de Richard Hamilton e Dieter Roth, pais do 'Pop Art'

Mentres ven as súas obras, as máis delas feitas a catro mans, imposible non escoitar os ladridos. Son parte da exposición, responden a unha colaboración dos dous artistas. Mestúranse con panxoliñas con ladridos feitas por un director de orquestra americano e con xoguetes para cans pertencentes á colección de Carlos Pazos.

Como estes xoguetes, exemplo do absurdo que pode ser o consumo. Moitas mensaxes nunha exposición froito do intercambio de obra de Pazos co galerista catalán Huc Malla. Podemos visitala ata setembro

Un lugar fermoso onde a arte, nestes tempos de pandemia, confésanos o artista, é un espazo de resistencia.
 

Noticias web

24/07/2020