CRTVG

Buscar

A Fundación Amancio Ortega entrega unha escola infantil en Vigo

Publicado o 01/03/2021 16:53
A Fundación Amancio Ortega entrega unha escola infantil en Vigo

A vicepresidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez Marcote, entregoulle hoxe ao alcalde de Vigo as chaves dunha nova escola infantil, construída pola fundación na cidade. Trátase dunha escola con capacidade para 82 nenos de entre 0 e 3 anos.

O edificio, completamente equipado, está na parroquia viguesa de Bembrive, e a Fundación Amancio Ortega investiu nel tres millóns e medio de euros. Nos próximos días o Concello abrirá o prazo de matrícula para este novo centro educativo.

 

Noticias web

01/03/2021