CRTVG

Buscar

A FP dual alcanza unha taxa de empregabilidade do 90 por cento

Publicado o 26/02/2020 13:42

Unvi leva os seus modernos autobuses por países de todo o mundo. É unha das compañías pioneiras en Galicia que apostou por incorporar estudantes e formalos na súa propia empresa. O grupo de automoción incorpora en Ourense a preto dunha trintena de estudantes.

A Xunta aposta pola FP dual como fonte de emprego. De feito defenden que a taxa de empregabiliade supera o 90 por cento.

Na súa visita as instalacións de Unvi, no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas, Carmen Pomar conselleira de Educación anunciou ademais que agardan que as empresas se comprometan con esta modalidade de FP e se poidan multiplicar os alumnos no vindeiro curso.

Noticias web

26/02/2020