CRTVG

Buscar

A Formación Profesional Dual aumenta un 60% a oferta de ciclos

Publicado o 21/06/2019 15:27

A Formación Profesional Dual aumenta ata un sesenta por cento as prazas e a oferta de ciclos para o próximo curso. Serán 1.150 prazas para un total de 73 proxectos, con novidades importantes en sectores estratéxicos, como a sanidade e as enerxías renovables.

Os 73 proxectos de Formación Profesional Dual aprobados para o próximo curso incorporan un ciclo de coidados de enfermería, vinculado ao coidado de persoas dependentes, e outro de comercialización de produtos alimentarios. E Amplían a oferta para traballar en barcos de pesca, talleres mecánicos ou empresas de enerxías renovables. Nesta modalidade dual, o 60 por cento das clases danse en empresas, que forman o alumno de xeito práctico.

 A conselleira de Educación explica que se trata dunha "formación adaptada aos tempos, innovadora e o suficientemente dinámica e flexible para que responda ás demandas empresarias. As estatísticas están aí, o nivel de empregabilidade é moi elevado".

O próximo curso, todos os ciclos novos de Formación Profesional incorporarán un módulo de inglés. As matrículas ábrense o luns tanto na Dual como na FP tradicional, que oferta 30.000 prazas.




 

Noticias web

21/06/2019