CRTVG

Buscar

A folga non afecta polo momento de maneira importante ás gasolineiras galegas da Raia

Publicado o 12/08/2019 14:12

Aínda que Portugal prevé problemas de subministración, a folga dos transportistas lusos que comeza hoxe ten de momento un impacto discreto nas gasolineiras da fronteira pontevedresa. Estes establecementos contan habitualmente cunha alta porcentaxe de clientes portugueses, porque os prezos dos combustibles son maiores no seu país. 

Estas ringleiras son unha estampa habitual nas estacións de servizo da fronteira con Portugal, porque os combustibles son máis baratos que no país veciño, pero estes días poderán ir a máis. A folga de transportistas que acaba de comezar ao outro lado da raia prevé causar problemas de subministración nas gasolineiras lusas.

Os establecementos lindeiros coa provincia de Pontevedra aínda están abastecidos, pero para iso os condutores teñen que cumprir a restrición de 25 litros por vehículo. Unha cantidade insuficiente para facer viaxes longas.

No norte do país xa hai un cento de gasolineiras sen combustible. En todo Portugal a cifra supera as 450 neste arranque da folga indefinida.

Noticias web

12/08/2019