CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide sete anos de cárcere para cada un dos ex-altos cargos de UXT-Andalucía investiagdos por facturas falsas

Publicado o 19/12/2019 14:37

A Fiscalía Anticorrupción pide sete anos de cárcere para cada un dos cinco ex-altos cargos da UXT Andalucía pola causa das facturas falsas.

Entre os investigados está o ex-secretario xeral do sindicato, Francisco Fernández Sevilla, e catro persoas máis da dirección. Están acusados de fraude de subvencións e de falsidade en documento mercantil.

O escrito do Ministerio Fiscal pide que a ex-cúpula da UXT Andalucía indemnice a Junta con 40,7 millóns de euros, a cantidade presuntamente defraudada entre 2009 e 2013.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019