CRTVG

Buscar

A fiscalía pide a repetición do xuízo a Cifuentes polo caso Máster

Publicado o 04/03/2021 20:19

A Fiscalía Provincial de Madrid pide que se repita o xuízo a Cristina Cifuentes polo caso Máster. O ministerio público recurriu a sentenza que absolveu a ex-presidenta madrileña pola falsificación do seu título. Argumenta que no xuízo se ignoraron probas de notorio sentido incriminatorio. Reclama que se volva celebrar a vista e que se faga ademais cun tribunal diferente.

Noticias web

04/03/2021