CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 11 anos de prisión para un home acusado de violar a súa filla de cinco anos en Vigo

Publicado o 22/09/2020 15:33

A Audiencia Provincial en Vigo acolleu o xuízo contra un pai acusado de abusar sexualmente da filla de só 5 anos. A vista celebrouse a porta pechada.

Os feitos tiveron lugar no ano 2017 no domicilio familiar en Vigo. Supostamente, o acusado, coa intención de satisfacer os seus desexos sexuais, introduciu os dedos na vaxina da nena e provocoulle un eritema.

Segundo o Ministerio Fiscal, estes feitos son constitutivos dun delito de abusos sexuais sobre a menor, prevaléndose do parentesco.

Por este motivo o home enfróntase a unha pena de 11 anos de prisión. A Fiscalía tamén solicita unha indemnización para a nena de 60.000 euros.

Noticias web

22/09/2020