CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga a ocupación de vivendas na Coruña

Publicado o 03/06/2020 16:04

A Fiscalía abre de oficio unhas dilixencias de investigación penal tras ter coñecemento da ocupación de varios inmobles na Zapateira, zona residencial da cidade da Coruña.

O Ministerio Público remitiu oficios tanto á Garda Civil coma á Policía Xudicial para identificar os ocupantes das vivendas e determinar se incorreron nun delito de usurpación.

Lembramos que estes dous casos de ocupación de vivendas provocaron a alarma nos últimos días, dos veciños da Zapateira que mesmo chegaron a mobilizarse diante dunha das vivendas, propiedade dunha entidade bancaria.

 

 

Noticias web

03/06/2020