CRTVG

Buscar

A Fiscalía abre unha nova investigación por branqueo de capitais contra Xoán Carlos I

Publicado o 06/11/2020 12:41
A Fiscalía abre unha nova investigación por branqueo de capitais contra Xoán Carlos I

A Fiscalía abriu unha terceira vía de investigación ao anterior xefe de Estado que asumirá un equipo de fiscais do Tribunal Supremo xunto ao fiscal xefe de Anticorrupción tras recibir un informe de intelixencia financeira.

A fiscal xeral do Estado, Dores Delgado, e o fiscal xefe Anticorrupción, Alejandro Luzón, informaron nun encontro informal da apertura destas dilixencias, que se atopan de momento nun estado practicamente embrionario e das que non transcendeu se tamén afectan outras persoas á parte do pai do rei Felipe VI.