CRTVG

Buscar

A Fiscalía do Supremo rexeita un posible indulto aos presos do 'procés'

Publicado o 22/12/2020 16:44
A Fiscalía do Supremo rexeita un posible indulto aos presos do 'procés'

A Fiscalía do Supremo rexeita o indulto para os nove presos do procés encarcerados por sedición. Os fiscais informan en contra porque din que non mostraron arrepentimento ningún. Cren tamén que as penas son demasiado elevadas para que haxa indulto e que non cumpriron nin a metade da condena.

Cos informes dos fiscais, o Supreto ten que emitir un ditame e envialo ao Goberno, que é o que ten a última palabra para decidir sobre os indultos.

Noticias web

22/12/2020