CRTVG

Buscar

A Fiscalía non ve delito nas críticas de Ana Pontón ao rei e arquiva as dilixencias

Publicado o 14/08/2020 10:53

A fiscalía da Audiencia Nacional arquiva a denuncia contra Ana Pontón por un presunto delito de inxurias á coroa.

Tras examinar os feitos, o Ministerio Público concluíu que as expresións denunciadas pola asociación Concordia Real Española, en que cualificaba aos Borbóns como ladróns e corruptos, enmárcanse dentro do dereito á libre expresión e á crítica.

A fiscalía tamén arquivou a denuncia que pesaba sobre Pere Aragonés, vicepresidenmte da Generalitat, e Teresa Rodríguez, líder de Adelante Andalucía.



 

Noticias web

14/08/2020