CRTVG

Buscar

A fiscalía acusa a Weinstein de violación

Publicado o 07/01/2020 21:04

Segunda xornada do xuízo na Corte Suprema de Nova York contra o produtor de cinema Harvey Weinstein, acusado de cinco delitos sexuais, dous deles de violación. A situación procesual de Weinstein complícase despois de que nas últimas horas a Fiscalía dos Ánxeles o acusara nas últimas horas tamén polos delitos de violación e de abusos sexuais.

Coa elección definitiva do xurado que debe deliberar sobre a súa culpabilidade, o produtor de cine Harvey Weinstein sentouse por segundo día no banco da Corte Suprema de Nova York. O que fora superprodutor de Hollywood está acusado pola Fiscalía de cinco delitos sexuais centrados en supostos ataques a dúas mulleres, que lle poderían custar a cadea perpetua.

Agárdase que elas dúas e outras catro víitmas máis comparezan como testemuñas. Ata 80 mulleres denunciaron a Weinstein por abusos sexuais, aínda que moitos destes delitos xa prescribiron. A situación procesual de Weinstein complícase despois de que a Fiscalía dos Ánxeles o acusara nas últimas horas de violar unha muller e acosar sexualmente outra. Outra fronte xudicial aberta para o produtor de cinema que deberá presentarse na corte californiana cando remate o xuízo de Nova York.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020