A Fiscalía acusa a Audasa de prácticas abusivas por non reducir as tarifas a pesar das retencións
A Fiscalía acusou a Audasa de prácticas abusivas por non reducir as tarifas a pesar das retencións que provocaron os traballos na ponte de Rande.
A carón dos demandantes, Adicae, En-Colectivo e pequenos particulares, mantivo que a AP-9 non ofrecía condicións de autoestrada, polo que debía reducir as peaxes.
Na súa defensa, incidiu na falta de información. Nin un só cartel permitía aos usuarios coñecer de antemán o tráfico que ían encontrar e ter liberdade así para elixir unha vía alternativa na súa viaxe.
Fronte a este posicionamento, o da concesionaria e a Dirección Xeral de Tráfico, que negaron os atascos. A eles sumouse ao comezo do xuízo o Goberno, a través da Avogacía do Estado.
O argumento: que os usuarios debían soportar os atascos de Rande porque os incidentes estaban ligados inevitablemente ás obras.