CRTVG

Buscar

Piden a expulsión do país para un procesado por abusos sexuais a dúas menores

Publicado o 15/06/2020 13:42

O procesado está en prisión preventiva desde que o detiveron na Coruña en decembro de 2019, o mesmo día que, presuntamente, cometeu o segundo dos abusos sexuais, polo que o acusa a fiscala.

O primeiro aconteceu no mes de agosto, tamén na cidade da Coruña. As dúas vítimas, menores de idade, declararon detrás dun biombo e recoñeceron o acusado como o home que lles tocou as nádegas, lles preguntou a idade que tiñan e as bicou nas meixelas.

Tamén testificou o pai dunha das nenas, que foi o que o retivo ata que chegou a Policía e que, curiosamente, hoxe dixo que non estaba seguro de recoñecelo.

O acusado declarouse inocente. Dixo que non recordaba nada porque era bebedor habitual e consumidor de cocaína.

A fiscala pide que o condenen a un total de seis anos de cárcere e que a pena de prisión se subtitúa pola súa expulsión do país. 

"Pódese cumprir a pena non estando aquí en prisión, senón no seu país. Así o prevé o Código Penal e é o que lle piden: a expulsión do país durante 9 anos por cada unha das penas, que serán 18, tamén desproporcionado", di Lourdes Gutiérrez, avogada defensora.

O acusado non tiña antecedentes penais, pero estaba en situación irregular en España e contaba cunha orde de expulsión desde febreiro de 2019.

Noticias web

15/06/2020