CRTVG

Buscar

A fiscal pide condenar por violación aos membros da Manada

Publicado o 21/06/2019 14:26

A fiscalía do Tribunal Supremo pediu duplicar ata os 18 anos de prisión a condena para os 5 membros da Manada que agrediron unha moza nos San Fermín de 2016. Na vista de revisión de condena, o ministerio público mostrou a súa discrepancia coa Audiencia e o Supremo de Navarra ao entender que non houbo abuso sexual, senón violación.

"Nós sostemos a través deste motivo que os feitos probados son constitutivos dun delito continuado de violación recollido no artigo 178 e 170 do Código Penal por entender que concorre forza intimidatoria suficiente por parte dos 5 acusados, que foi o que lles permitiu realizar os actos sexuais descritos na sentenza."

A acusación particular, que representa a vítima, e a popular, exercida pola Comunidade Foral e o Concello pamplonés, sosteñen igualmente que houbo agresión sexual.
Pola contra, o avogado da Manada mantivo que as relación sexuais foron consentidas e solicitou a libre absolución dos seus defendidos.

O Tribunal deberá decidir agora se acepta a petición de incremento de condena das acusacións ou ratifica a sentenza da Audiencia de Navarra.