CRTVG

Buscar

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas estrea a declaración de interese turístico de Galicia

Publicado o 19/01/2020 15:25

Todo está listo en Castro Caldelas para a celebración da Festa dos Fachóns, que este ano estrea declaración de interese turístico de Galicia. De feito, considérase que é unha das festas máis multitudinarias e antigas da comunidade, cunha orixe datada a mediados do século dezaoito.

E con motivo deste recoñecemento este ano programáronse actividades xa desde a mañá dirixidas ao público familiar aquí no castelo, no mesmo escenario onde rematará esta noite esa agardada procesión na que se dan cita centos de persoas, e na que non haberá máis luz que a dos fachóns.

Noticias web

19/01/2020