CRTVG

Buscar

A fenda salarial entre homes e mulleres én Galicia é de 5.488 euros

Publicado o 21/06/2019 12:00
A fenda salarial entre homes e mulleres én Galicia é de 5.488 euros

O salario bruto situouse de media en Galicia en 21.606 euros en 2017, tras rexistrar unha suba do 2,5% respecto a 2016, lixeiramente por riba do avance do 2,1% de media en España. Deste xeito, o salario galego está 2.000 euros por baixo da media española, con 23.646,5 euros. É a sétima comunidade coas ganancias por traballador máis baixas. Á cabeza está País Vasco (28.204 euros) e no outro extremo Estremadura (19.672 euros). Os salarios das mulleres soben un 2,9% en Galicia, máis que os homes (+2,3%). Con todo, a fenda salarial está en 5.488 euros na Comunidade, similar á que existe en España. Os homes galegos cobraron un salario bruto medio de 24.321,6 euros en 2017, fronte aos 18.833,5 euros percibidos polas mulleres no mesmo ano. En España, o dos homes sitúase en 26.391,8 euros e o das mulleres en 20.607,8.

As mulleres cobran un 1,7% máis que os homes en Adolfo Domínguez Ourense.

O grupo Adolfo Domínguez destacou o investimento da “fenda salarial" do seu persoal, na compañía, integrada por 1.191 profesionais, ao cobrar as mulleres un 1,7 % máis que os homes, na media ponderada por categorías totais, segundo informou este venres o grupo galego. Así se desprende dos datos recolleitos no Estado de Información non Financeira 2018-19 publicado este venres pola compañía, que revela que as mulleres perciben soldos superiores aos homes “nos estratos de idade de menos de 30 anos e máis de 51 anos” mentres que os homes teñen un salario medio máis elevado na faixa de 31 a 50 anos.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019