CRTVG

Buscar

A FEMP reúne este luns a Xunta de Voceiros para analizar o seguinte paso

Publicado o 11/09/2020 15:14

Derrota parlamentaria do Goberno. PSOE e Unidas Podemos quedaron sós na defensa do decreto dos aforros dos concellos. 

O Goberno lamenta a derrota e ve na derrogación do decreto unha batalla política.

Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno: "En termos de confrontación, non en termos de solución. E lamentablemente os concellos do PP, fundamentalmente, capitanearon unha contestación política"

Contra o decreto rebeláronse unha trintena de alcaldes de grandes e pequenas cidades dunha ducia de partidos. Volven pedirlle ao Goberno diálogo para poder acceder aos seus aforros. E o PP fai unha proposta.

Pablo Casado, presidente do PP: "O decreto foi rexeitado polas Cortes. Foiunha derrota histórica para este Gobernos. Pedimos desde xa que o consello e ministros autorice que os aforros municipais se poidan gastar nas necesidades máis urxentes dos veciños"

Casado pide responsabilidades polo fracaso. Á ministra de Facenda e ao presidente da FEMP. Co seu voto de calidade avalouse o decreto, despois dun empate na votación. Caballero di non sentirse cuestionado.

Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da FEMP: "E que se votou. A democracia na FEMP funcionou. Gañouse a votación".

O luns reunirá a xunta de voceiros da FEMP para analizar o seguinte paso.

Noticias web

11/09/2020