CRTVG

Buscar

A fase 3 permite vodas de ata 150 persoas, pero a maioría optan polo aprazamento

Publicado o 03/06/2020 21:31


A fase 3 da desescalada permitirá as celebración de ata 75 persoas en espazos interiores e 150 ao aire libre e daralle aire a un sector, o dos eventos, completamente parado dende hai meses.

A maioría optaron por aprazalas debido á incerteza de como poderán celebrase e tamén á complexidade que ten organizar dun evento deste tipo.

Onde si notan movemento é no caso de comuñóns ou bautizos.

Sexa como sexa o sector traballa para adaptarse ás novas circunstancias.

Porque a fase 3 permitirá eventos con máis xente, pero obrigará a seguir cumprindo as medidas de hixiene e de distanciamento.

Noticias web

03/06/2020