CRTVG

Buscar

A farmacéutica galega Pharmamar dispárase na bolsa tras ceder a comercialización dun antitumoral

Publicado o 20/12/2019 14:58

Pharmamar anunciou un importante contrato que supón un antes e un despois na traxectoria de 33 anos da empresa. O laboratorio chegou a un acordo polo que cede a Jazz Pharmaceuticals a exclusividade para a distribución nos Estados Unidos do seu antitumoral coñecido comercialmente como Zepsyre, e que actualmente está en investigación.

Un medicamento destinado a combater un tipo de carcinoma de células pequenas ou microcítico, que se disemina con tanta rapidez que case sempre se diagnostica tarde e con metástase. Unha operación valorada en 900 millóns de euros, que provocou que as accións de Pharmamar se dispararan nun 20 por cento en bolsa.

A farmacéutica española recibirá un pago inicial de 180 millóns de euros e outros 720 ligados a obxectivos comerciais e royalties sobre as vendas netas do Zepsyre. Trátase do terceiro antitumoral de Pharmamar para un tipo de cancro de pulmón sen tratamento efectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/12/2019