CRTVG

Buscar

A familia que ocupa ilegalmente unha vivenda no barrio lugués do Carme ten previsto desaloxala este domingo

Publicado o 30/08/2020 14:27

Esta é a casa que unha familia ocupou ilegalmente hai aproximadamente unha semana. Situada no barrio lucense do Carme, comprometéronse a deixala nesta xornada.

Trátase dun inmoble de dúas alturas que, ao parecer, ten montada a cociña e conta con electrodomésticos. Cando a familia entrou nela sen permiso quixo instalar unha antena de televisión no balcón e, segundo algúns residentes, houbo noites en que poñían música con volume alto.

O barrio do Carme está situado ao pé da muralla de Lugo. Por aquí pasa o Camiño de Santiago, hai unha sala de exposicións e unha capela que lle dá nome. A pesar da súa situación privilexiada e da historia que reúne, o lugar está moi deteriorado.

O barrio do Carme ten pendente un plan de desenvolvemento desde hai anos. De momento, son iniciativas privadas as que promoven o seu valor.

Ao parecer, na familia que ocupou ilegalmente a vivenda hai menores. Xa tentaran entrar noutros inmobles, e todo apunta a que a van desaloxar. Foi imposible falar cos donos e coa familia que se instalou dentro.

Noticias web

30/08/2020