CRTVG

Buscar

A familia Franco acepta entregar o pazo de Meirás ao Estado ata que se resolva o recurso sobre a propiedade

Publicado o 04/11/2020 09:21

A familia Franco acepta entregarlle ao Estado o pazo de Meirás de forma provisional mentres non se resolva o recurso que presentou contra a sentenza que obriga a devolverllo ao patrimonio público.

No escrito que enviaron ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, que emitiu sentenza a favor do Estado sobre a propiedade do pazo, os herdeiros do ditador avanzan que a familia "non ten intención de opoñerse" á solicitude de execución provisional do veredicto e que cumprirán voluntariamente a obriga de entregalo.

Deste xeito, a xestión deste recinto, considerado ben de interese cultural, pasará a mans do Estado.

Noticias web

04/11/2020