CRTVG

Buscar

A familia do mozo de Vigo desaparecido en Almería pide colaboración cidadá

Publicado o 06/02/2019 20:00

O día 2 de xaneiro Nicolás García Presa saía de Vigo coa súa bicicleta disposto a facer o Camiño portugués á inversa. Marchou co compromiso de chamar a súa nai cada 4 ou cinco días, unha promesa que cumpriu ata o pasado día 22, a última vez que se puxo en contacto con ela.

Nicolás leva o seu can Dalton canda el. O destino final da súa viaxe era Almeria, polo que a familia centra agora a súa busca en Andalucía.

A súa nai xa presentou denuncia ante a policía e conta coa axuda de SOS Desaparecidos para tratar de dar co mozo.



 

Noticias web

06/02/2019