CRTVG

Buscar

A familia das vítimas afogadas en Mijas contradí a versión policial e estuda abrir unha investigación paralela

Publicado o 29/12/2019 14:49

A investigación das tres mortes, do pai e de dous fillos neste complexo turístico de Mijas o dia 24 continúa aberta pero as primeiras explicacións dadas pola Garda Civil son insatisfacotrias para a familia. Nai e filla, testemuñas do sucedido na piscina contradín a versión policial: Aseguran que os tres bañistas si sabían nadar e descartan que afogasen por un accidente.

O avogado que representa a viúva e nai dos falecidos, non descarta encargar unha investigación paralela dos feitos.

Sospeita que algo fallou na pisicina e que unha corrente arrastrou as vitimas cara á zona máis profunda da mesma.

Os especialistas acuáticos da Garda Civil insepcciónaron o sistema de depuración da piscina sen atopar irregularidade ningunha, ea autopsia determinou que as tres persoas faleceron por afogamento... pero nai e filla, que regresaron este sabado a Inglaterra, esixen máis respostas a este tráxico desenlace dunhas vacacións en familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/12/2019