CRTVG

Buscar

A exsenadora Celia Cánovas acusa a Podemos de malversación e branqueo de cartos

Publicado o 01/10/2020 16:34

A Podemos pertencía a exsenadora Celia Cánovas, que agora acusa a formación morada de malversación e branqueo de cartos.

Acusacións que se veñen sumar ás realizadas por José Luis Calvente, exavogado da formación que lidera Pablo Iglesias.

De feito, xa entregou documentación ao xuíz que investiga as finanzas de Podemos logo da denuncia presentada por Calvente.

Celia Cánovas di que non sabe onde foron parar os 25.000 euros que doou á chamada 'caixa de solidariedade', obxecto dunha investigación en que Podemos está acusada dun delito electoral e de financiamento ilegal.

Noticias web

01/10/2020