CRTVG

Buscar

A exposición Puertas chega a Vigo para visibilizar o drama da violencia machista a través da arte

Publicado o 23/07/2019 19:56

Dende hoxe pódese visitar en Vigo unha exposición para visibilizar o drama da violencia machista. Os impulsores deron unha porta a un artista cada vez que  unha muller era asasinada. Unha homenaxe que calquera pode ver no centro Comercial Travesía ata o 4 de setembro.

Detrás de cada unha destas portas hai un drama, tantos como mulleres asasinadas polas súas parellas no ano 2018. Unha axencia de comunicacion de San Sebastián está detrás deste proxecto, que comezou enviando unha porta a un artista plástico para que fixera unha homenaxe e unha denuncia da violencia.

Son 47 portas por cada unha das vítimas oficiais do ano 2018. E unha moi especial dedicada a Asier Niebla, o home que foi brutalmente agredido pola ex-parella da amiga coa que estaba a falar na porta dun bar. Tamén hai unha porta en honor de Andrei, o neno que foi asasinado polo seu pai en El Ejido para facerlle dano a súa nai, e que, segundo o xuíz, tamén foi vítima da violencia machista. Non faltan as portas galegas na honra de Ana Belén, María Magdalena e Judite.

Portas para tocar a sensibilidade da xente, nun proceso artístico que pode verse na súa totalidade grazas aos códigos QR que acompañan cada unha das obras.

Noticias web

23/07/2019