CRTVG

Buscar

A exposición 'Galicia, de Nós a nós' chega a Ourense

Publicado o 24/02/2021 17:42

A macroexposición sobre a Xeración Nós exposta na Cidade da Cultura de Galicia ofrécese dende hoxe na cidade de Ourense. O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense participaron hai uns minutos no acto de apertura, lembrando o peso da ourensanía na Xeración Nós.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a importancia da cidade de Ourense no legado cultural da Xeración Nós, un dos colectivos "máis transcendentes" da historia contemporánea de Galicia.

Ssobre a exposición, Manuel Baltar destacou que "pon en valor todo un legado, algo galego pero que naceu en Ourense", ademais puxo de relevo o feito de que se presentou na xornada na que "se cumpren 100 anos e 111 días da aparición do primeiro número da revista e o día no que se cumpren 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro".

Noticias web

24/02/2021