CRTVG

Buscar

A explosión de varias bombonas deixa máis de 40 feridos en Venezuela

Publicado o 29/12/2020 08:43
A explosión de varias bombonas deixa máis de 40 feridos en Venezuela

A explosión de varias bombonas de gas deixa máis de corenta persoas feridas en Venezuela. Entre as vítimas hai, polo menos, doce menores.

Todas elas rodeaban un camión cargado con máis de 150 bombonas para esixir o repartimento do gas en Piar, no estado de Monagas. Dúas estouparon e o lume expandiuse ao resto de bombonas.

A escaseza do gas doméstico, sobre todo no rural, é motivo de protestas frecuentes en Venezuela e obriga a recorrer á leña para cociñar. O Goberno de Maduro atribúe o problema na distribución do gas ás sancións dos Estados Unidos.

Noticias web

29/12/2020