CRTVG

Buscar

A eurocidade Verín-Chaves lanza un servizo de transporte urbano transfronteirizo

Publicado o 05/08/2019 16:17

A eurocidade Verín-Chaves lanza un servizo de transporte urbano transfronteirizo. Será o primeiro destas características que comece a funcionar na Península Ibérica.

Na eurocidade Verí Chaves viven preto de 60 mil persoas. O 25 por cento son maiores de 65 anos. O envellecemento e a dispersión son dous dos aspectos que motivaron a posta en marcha deste servizo.

O sevizo é gratuito ainda que haberá que coller billete no propio autobus ou a través da internet e funcionará os días de feira e eventos especiais.

O obxectivo, testar ata final de ano como funciona para ver se é factible pór en marcha unha liña regular que una as súas localidades.





 

Noticias web

05/08/2019