CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Eurocámara reivindica o papel da muller horas antes da manifestación en Bruxelas

Publicado o 08/03/2018 14:51

Case a metade dos europeos consideran que a función principal da muller é o coidado dos fillos e o fogar. É unha das conclusións dun informe sobre igualdade do Executivo comunitario.

O Parlamento Europeo, en Bruxelas, é hoxe lugar de reivindicación dos dereitos das mulleres a través de charlas e conferencias en que participan voceiros comunitarios, como o presidente da Eurocámara. En Bélxica non hai convocatoria de paro feminino pero si está organizada unha manifestación para esta tarde polo Día Internacional da Muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí