CRTVG

Buscar

A Eurocámara anuncia o inicio do suplicatorio contra Puigdemont e Comín

Publicado o 16/01/2020 10:26
A Eurocámara anuncia o inicio do suplicatorio contra Puigdemont e Comín

O Parlamento Europeo anunciou este xoves o comezo do suplicatorio contra os líderes independentistas cataláns Carles Puigdemont e Toni Comín, o proceso para retirarlles a inmunidade que lles corresponde como eurodeputados para poder xulgarlles en España.

"As autoridades españolas dirixíronse ao presidente da nosa institución para solicitar o levantamento da inmunidade de Carles Puigdemont e Toni Comín para poder seguir coas investigacións xudiciais contra estes dous eurodeputados".

Esta solicitude someterase á comisión de Asuntos Xurídicos, segundo informou o pleno a vicepresidenta da institución Ewa Bozena Kopacz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí