A enfermidade da labazada, unha doenza común
Non é tan común como a gripe, pero a coñecida como a enfermidade da labazada e tamén unha doenza vírica, contaxiosa e estacional que soe darse en brotes epidémicos. Nos últimos días está a afectarlles sobre todo a escolares de Vigo, pero hai casos en toda Galicia.
Nas consultas de pediatría recoñecen un doente de parvovirus B19 en canto entra pola porta.
"O peculiar da enfermidade é este aver facial, que é moi característico. Pode darse noutras parte do corpo, pero nesta doenza e é especialmente significativo, é o que o fai diferenciar, di Lorenzo Redondo, pediatra do Complexo Hospitalario de Santiago.
Por iso o seu nome común é enfermidade da labazada. Ademais das meixelas coloradas, outros síntomas son febre e a dor muscular. Habitualmente empeza na poboación infantil, a miúdo nos colexios, pero pode afectarlle a calquera persoa que non a padecera antes. Non é grave, pero nalgúns casos hai que tomar precaucións.
"Aqueles nenos que poidan ter algún problema inmunolóxico ou anemia crónica, anemia hemolítica. E precaución especial coas embarazadas porque pode afectarlle ao desenvolvemento do feto", advirte Redondo.
Non ten tratamento específico, so o que recomende o médico para aliviar os sítomas. Tampouco hai vacina que axude a previla, polo que para non contaxiarse a recomendación médica é evitar o contacto cos doentes e lavar as mans a miúdo.