CRTVG

Buscar

Unha muller de Pontevedra recupera unha mochila tras forcexar cun ladrón

Publicado o 20/11/2019 14:52

O ladrón entrou contra as nove da noite neste negocio situado na zona histórica de Pontevedra. É unha hora de moita trasfega porque acaba unha das clases de pilates e empeza outra. Yoana, unha das empregadas, achegouse á zona da recepción e alí sorprendeu o intruso remexendo no mostrador.

Yoana González, empregada do centro: "Pilleino na allada e mirou cara a min, non dixo nada e botou a correr cunha mochila nosa na que tiñamos a tableta, a documentación, as chaves, todas as cousas. Sen pensalo, nun acto reflexo, fun detrás del para que non nos levase as cousas. E daquela el pelexou, si".

En pleno forcexo caeron ao chan, e Yoana aínda ten mazaduras como con secuencia da pelexa. O ruído alertou as demais persoas que estaban no local. E foi unha sorte. 

Yoana González, empregada do centro: "Eu pensei que cando lle quitara a mochila que ía marchar, pero non foi así. Eu entrei coa mochila no local e veu detrás de min, e daquela si que me sentín acurralada e con pánico. Foi cando pedín axuda a berros e viñeron as clientas e a miña compañeira".

O ladrón conseguiu fuxir, pero a policía localizouno pouco despois nas inmediacións da ponte da Barca. Aínda levaba enriba o teléfono móbil do que se apoderara no local.

Noticias web

20/11/2019