CRTVG

Buscar

A economía galega mellorou o ritmo de recuperación no terceiro trimestre

Publicado o 27/11/2020 14:46
A economía galega mellorou o ritmo de recuperación no terceiro trimestre

A economía galega mantivo a senda de recuperación no terceiro trimestre, e fíxoo a un ritmo maior que a media española, co sector do automóbil como gran motor da mellora.

No mes de setembro a caída interanual foi do 3,4%, o que supón unha mellora de tres décimas respecto a agosto, e sitúa o descenso do PIB no trimestre nun 6,2 por cento, fronte ao 8,7 de España.

Son datos ofrecidos polo indicador de Abanca. A automoción foi o principal impulsor da economía, cun crecemento interanual do 50 por cento, mentres que os peores datos foron os do turismo e o transporte de viaxeiros.

Noticias web

27/11/2020