CRTVG

Buscar

A economía española, unha das máis castigadas da OCDE pola crise da COVID-19

Publicado o 10/06/2020 14:59

Os tres territorios que máis sofren son España, Francia e Reino Unido.

A Organización para a a Cooperación e o Desenvolvemento analiza dous escenarios, un sen repuntas e outro cun rebrote do coronavirus. E se nos poñemos no peor, a contracción do PIB español será do 14,4%. É a economía máis afectada. A francesa caería un 14,1 e a do Reino Unido 14 puntos.

A caída económica débese en boa medida á destrución de postos de traballo, sobre todo no sector turístico. Os cidadáns consomen menos e a economía fréase. Así que as dúas variables están intimamente relacionadas. 

No noso país o paro superaría o 20%.  

A OCDE conclúe que a expansión da capacidade dos hospitais e das comprobacións
para identificar rapidamente os infectados marcarán as diferenzas.

Buscamos a lectura destas previsións económicas en Bruxelas.

 

 

 

Noticias web

10/06/2020