CRTVG

Buscar

A economía española recupérase un 16,7 % no terceiro trimestre tras o confinamento

Publicado o 30/10/2020 09:41

A economía española creceu un 16,7 % nos meses de verán pola volta á actividade tras uns meses de confinamento estrito que provocaron unha contracción histórica no segundo trimestre do 17,8 %, segundo adiantou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A demanda nacional (consumo e investimento) achegou 15 puntos do crecemento trimestral, mentres que a demanda externa (exportacións e importacións) contribuíu con 1,7 puntos. En comparación interanual, con todo, o PIB caeu un 8,7 % respecto ao terceiro trimestre de 2019, aínda que a taxa é 12,8 puntos inferior á contracción do 21,5 % do trimestre precedente.

Noticias web

30/10/2020