CRTVG

Buscar

A marcha ecolóxica polo clima enturbada polos insultos de Bardem

Publicado o 07/12/2019 12:40

A activista Greta Thunberg participou na quinta xornada do Cumio do Clima

• O actor chamou "estúpidos" a Donald Trump e a Martínez-Almeida

Resoan os ecos da manifestación ecoloxista que percorreu as rúas de Madrid cun dispar número de asistentes: 15.000, segundo fontes policiais, e case medio millón, segundo os organizadores. Milleiros de persoas alzaron a súa voz contra a inacción dos políticos ante a emerxencia climática.

A activista Greta Thunberg primeiro abandonou a marcha por motivos de seguridade e despois reapareceu no escenario para insistir no seu discurso de que non se pode agardar máis. Pediu medidas para impedir que a temperatura do planeta siga aumentando. 

Tamén foi especialmente crítico cos políticos o actor Javier Bardem, que chamou "estúpido" ao alcalde de Madrid, quen o rebateu despois nas redes sociais. O actor desculpouse esta mañá por estes insultos. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019